O Concello de Coirós, a través das súas áreas de Cultura e Deportes, presenta a nova oferta de Actividades Municipais para o curso 2026-2027, que inclúe unha ampla variedade de propostas culturais e deportivas para todas as idades.
Prazo e forma de inscrición
O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 20 de setembro. As inscricións realizaranse a través dos cuestionarios publicados na páxina web do Concello (non se admitirán inscricións por outras canles).
⚠️ O cuestionario de inscrición non estará dispoñible ata o luns 14 de setembro ás 9.00h
Período do curso
As actividades desenvolveranse do 1 de outubro de 2026 ao 31 de maio de 2027.
Prezos (Coa actualización do IPC)
- Persoas empadroadas: 31,60 €/cuadrimestre
- Persoas non empadroadas: 63,16 €/cuadrimestre
- Persoas empadroadas pertencentes a familias nas que ningún membro se atope en situación de emprego: 100 % de bonificación
⚠️ A domiciliación bancaria é obrigatoria.
Para máis información sobre condicións e normas de participación, pode consultarse o Anexo de Normativa das Actividades Municipais. A inscrición nas actividades implica a aceptación desta normativa.
A oferta completa de actividades culturais e deportivas, tanto para menores como para persoas adultas, con horarios e grupos, pode consultarse no folleto adxunto.
Máis información
Para calquera dúbida, pódese contactar coa área de Cultura e Deportes do Concello de Coirós no teléfono 981 796 088




NORMATIVA ACTIVIDADES: