III MOSTRA DE TEATRO EN COIRÓS

Este outono presentamos no Concello de Coirós a III mostra de teatro para persoas adultas.

Unha oportunidade para disfrutar do teatro en galego coas mellores compañías profesionais de Galicia, ademais de apoiar e gozar do talento da compañía local Pena Furada teatro.

O 10 de outubro conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental, unha data que nos lembra a importancia de falar do benestar emocional con naturalidade, romper prexuízos e coidar tamén a nosa saúde mental.

E precisamente esta semá dará comezo a III Mostra de Teatro do Concello de Coirós, unha nova edición na que o teatro será tamén un espazo para reflexionar, compartir e, por suposto, rir.

A mostra arrinca coa comedia Neura, de Manuel Pombal, unha obra que aborda con humor as nosas manías, obsesións e pequenas «neuras», a través do reencontro de dúas persoas que xa compartiron unha historia no pasado.

Domingo, 11 de outubro
Inicio da III Mostra de Teatro do Concello de Coirós
Día Mundial da Saúde Mental

Unha boa ocasión para achegarnos ao teatro, rirnos de nós mesmos e falar de saúde mental sen complexos.