O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cunha programación especial de actividades organizada polo CIM de Coirós, co obxectivo de sensibilizar, reflexionar e reafirmar o noso compromiso coa igualdade e coa erradicación das violencias machistas.
Martes 17 de novembro, charla «Sementes de cambio: Erradicando a violencia sexual», acompañada dun café.
Martes 24 de novembro, formación «Fundamentos de dixitalización empresarial», dirixida a mulleres.
Mércores 25 de novembro, lectura do Manifesto institucional contra a violencia de xénero.
Venres 27 de novembro, proxección da curtametraxe «Postre», protagonizada por Luisa Merelas e dirixida por Roberto Alvite, seguida dunha charla-coloquio co director.
Todas as actividades terán lugar no Centro Social de Coirós e serán gratuítas.
Entre todas e todos, construamos un Coirós libre de violencia machista.
