A EMBT DE COIRÓS PARTICIPA NO VIDEOCLIP “MUIÑEIRA DOS SOÑOS”DE JOSE CARBALLIDO

“Muiñeira dos Soños”, do grupo de Jose Carballido, A sombra dos soños, grabada en Coirós, é unha composición instrumental que fusiona o ritmo tradicional da muiñeira coas enerxías do rock moderno. Unha viaxe sonora onde conviven a música popular galega, guitarras eléctricas, unha sección rítmica potente e matices electrónicos.

Temos o orgullo de anunciar que o grupo de repoludas e silandeiras da Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós participou nesta creación, contribuíndo a manter viva a nosa esencia e levando un anaco da nosa terra a esta proposta tan contemporánea e enérxica.

Parabéns a toda a banda e ao equipo creativo por dar un novo paso que conecta o que somos cos soños que queremos acadar.