A oficina móbil retorno chega a Coirós

A Oficina Móbil de Retorno chega a Coirós!

O vindeiro mércores 9 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas, estará no Aparcadoiro do Centro de Usos Múltiples de Coirós a Oficina Móbil de Retorno.

Un servizo de atención presencial para ofrecer información e asesoramento ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias, así como para resolver dúbidas e atender as súas necesidades.

Lugar: Aparcadoiro do Centro de Usos Múltiples de Coirós
Data: 9 de decembro de 2026
Horario: de 9:00 a 14:00 h

Máis información nos servizos sociais, no teléfono gratuíto 900 102 380 ou en www.emigracion.xunta.gal.