SOLICITUDE ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2026-2027 (ampliación de prazo)

Ampliación de prazo ata o xoves 24

O Concello de Coirós, a través das súas áreas de Cultura e Deportes, presenta a nova oferta de Actividades Municipais para o curso 2026-2027, que inclúe unha ampla variedade de propostas culturais e deportivas para todas as idades.

Prazo e forma de inscrición

O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 20 de setembro. As inscricións realizaranse a través dos cuestionarios publicados na páxina web do Concello (non se admitirán inscricións por outras canles nin solicitudes fora de prazo).

⚠️ O cuestionario de inscrición, para o que se amplía o prazo, estará dispoñible ata o xoves 24 de setembro ás 23.59h

Período do curso

As actividades desenvolveranse do 1 de outubro de 2026 ao 31 de maio de 2027 (agás a escola de música e baile tradicional que será ata o 30 de xuño)

Prezos (Coa actualización do IPC)

  • Persoas empadroadas: 31,60 €/cuadrimestre
  • Persoas non empadroadas: 63,16 €/cuadrimestre
  • Persoas empadroadas pertencentes a familias nas que ningún membro se atope en situación de emprego: 100 % de bonificación

⚠️ A domiciliación bancaria é obrigatoria.

Para máis información sobre condicións e normas de participación, pode consultarse o Anexo de Normativa das Actividades Municipais. A inscrición nas actividades implica a aceptación desta normativa.

A oferta completa de actividades culturais e deportivas, tanto para menores como para persoas adultas, con horarios e grupos, pode consultarse no folleto adxunto.

Máis información

Para calquera dúbida, pódese contactar coa área de Cultura e Deportes do Concello de Coirós no teléfono 981 796 088

SOLICITUDE ACTIVIDADES CULTURAIS:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdfRUlm2rH657Z_mBVVb-amu06SN9HuTQzC0loWNIpJSEWGdw/viewform?usp=dialog

SOLICITUDE ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSffN92uSDb7-jZz4ZFADqXbleGojIjv_4HNsZBxZYvwBXR-gQ/viewform?usp=header

NORMATIVA ACTIVIDADES:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/09/NORMATIVA-ACTIVIDADES-SOCIAIS-DE-CONCILIACIÓN-CULTURAIS-E-DEPORTIVAS-2026-2027.pdf