A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, concedeu unha subvención ó Concello de Coirós para a mellora da Ruta dos dous nomes en Xora.
A axuda concedeuse ó abeiro das “axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia”, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
O importe total do proxecto é de 35.215,71€, dos cales 29.103,89€ son subvencionados con cargo ó Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR), cunha achega do FEADER do 75%.
Os traballos que se van realizar inclúen a limpeza do camiño, a instalación de dúas pasarelas, pasam´áns, fonte e mellora da sinalización.