Continuando co programa de andainas polas parroquias, promovidos polos departamentos de Cultura e Deporte, presentamos a cuarta delas para o próximo sábado 8 de novembro.
Nesta ocasión nos adentraremos nas parroquias de San Xulián de Coirós, facendo un interesante percorrido no que descubriremos o seu patrimonio natural e cultural.
A ruta é de intensidade media e vai dirixida a tódalas idades, aínda que os menores de idade deberán asistir acompañados. É importante levar roupa e calzado cómodo.
A saída será ás 10 da mañá dende o aparcadoiro do centro social de Coirós.
A participación é gratuíta e deberá realizarse por escrito a través do formulario web ata o 5 de novembro. Prazas limitadas.
As inscricións deberán realizarse no seguinte formulario web:
Inscricións no formulario ó pé


[contact-form-7 id=”5559″ title=”XESTIÓN ESTRÉS”]