ANDAINAS POR COIRÓS: Sta. Mª de Ois

O próximo sábado 27 de abril dará comezo o programa de Andainas por Coirós, que nesta primeira ocasión levarase a cabo pola parroquia de Santa María de Ois cun itinerario circular de aproximadamente dúas horas.

A ruta levaranos a descubrir os puntos mais destacados da parroquia co que descubriremos a súa historia, a súa paisaxe e información moi interesante e descoñecida para moitos.

A intensidade é baixa, polo que pode participar toda a familia, pero recomendase levar calzado apropiado para camiñar.

É preciso realizar inscrición a través da sede electrónica do Concello ou presentando a ficha de inscrición no rexistro do centro social (martes, mércores e venres pola mañá ou luns e xoves pola tarde).

A participación na actividade é de balde.

Ficha de inscrición:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2024/04/INSCRICIÓN-STA.-Mª-DE-OIS.pdf