ANUNCIO DE OFERTA DE EMPREGO PEL_CONCELLOS 2024

Pola presente convócase o proceso de contratación de 1 persoa , para o “Programa de axudas á contratación de persoal para la execución de obras e servizos municipais dos Concellos da provincia (PEL – CONCELLOS 2024).

POSTO OFERTADO: 1 albanel categoría oficial 2ª (6 meses). Esta contratación será a tempo parcial.

A persoa a contratar neste programa, deberá cumplir algunha das seguíntes situacións:

.- Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

.- Maiores de 45 anos

.- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.

.- Persoas desfavoracidas que estean en algunha das seguíntes situación:drogodependencia, vivir nun fogar on de ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestión socioculturais.

.- Parados de longa duración. (persoas que leven mais de dous anos como mínimo como demandantes de emprego)

.- Persoas víctimas de violencia de xénero

Os interesados deberán presentar instancia nas oficinas na Casa do Concello, en horario de 9:00 hrs a 14:00 hrs ou a través do rexistro pola Sede electrónica dende o día 21/03/2024 ata o 26/04/2024 (ambos inclusive), .

Coa instancia deberán presentar

Documento nacional de identidade

Tarxeta da seguridade social

Carné de conducir

Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego

Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata