ANUNCIO PARA FORMACIÓN DA CUADRILLA MUNICIPAL DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS

               Pola presente convócase en proceso de contratación de cinco persoas para formar parte da cuadrilla municipal de extinción de incendios do Concello de Coirós,  (1 Jefe de Cuadrilla e 4 peóns), durante 3 meses.

               Para o posto de Jefe de Cuadrilla, os interesados deberán presentar algunha das seguíntes titulacións: Enxeñeiro de Montes, enxeneiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

               Así mesmo para o posto de Jefe de cuadrilla e de catro peóns deberán presentar instancia nas oficinas na casa do Concello, ou a través da sede electrónica do Concello , dende o día 16/06/2023 ata o día 22/06/2023 (ambos inclusive), en horario de 9:00 a 14:00 hrs.

               Coa instancia deberán presentar:

  • Documento nacional de identidade
  • Carnet de conducir
  • Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
  • Méritos que alegue que teñan relación coa función para que se contrata.

Coirós, 15 de Xuño de 2023

O Alcalde,

Asdo.) Francisco Quintela Requeijo