Apoio en situación de necesidade provocada pola Covid-19

Dende o Concello de Coirós queremos lembrar que seguimos á disposición da veciñanza para cubrir todas aquelas necesidades que poidan derivar da situación provocada pola COVID-19.

Polo tanto, no caso de que alguén precise de axuda para desprazamentos ao supermercado, a farmacia, etc. deberá poñerse en contacto cos servizos sociais do Concello no 981796088 e tentaremos resolver as necesidades na maior brevidade posible.