Aprobadas por decreto do alcalde, de data 8 de xuño de 2021, as bases que rexerán os procesos de selección -polo sistema de oposición-libre para poder seleccionar ás cinco persoas que serán contratada como monitoras/es de actividades de tempo libre así como dunha persoa diplomada ou graduada en maxisterio, así como na modalidade de persoal laboral temporal para a execución dun programa CONCILIA COIRÓS 2021. As bases foron publicadas na páxina web do concello o día 8 de xuño de 2021.
E visto que, na base Oitava das que rexen as oposicións, disponse que a lista de persoas aspirantes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web, concedendo ás persoas candidatas excluídas provisionalmente un prazo de tres días hábiles para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 68 da Lei 39/2015, en relación co artigo 33 da mesma
Adxuntase documento con persoas admitidas e data de exame:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2021/06/Decreto-admitidos-tribunal-y-exame.pdf