As actividades culturais quedan suspendidas ata novo aviso

O Concello suspende as actividades culturais que se están a celebrar nos distintos locais sociais mentres duren as medidas de restricción de grupos aplicadas polo Goberno.

Non é o caso das actividades deportivas, que se seguirán levando a cabo con normalidade e seguindo os protocolos establecidos no polideportivo municipal.