O Concello de Coirós redacta o AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO que ten por obxecto determinar as actuacións necesarias para mellorar a eficiencia do sistema de abastecemento de auga potable no concello, dando cumprimento á lei: “LEY 9/2019, de 11 de decembro, de medidas de garantía del abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario”, sobre a obrigatoriedade por parte dos Concellos, da redacción do Plan de acción para a redución de perdas.
No establecemento deste contido tense en conta que a finalidade destas auditorías é cuantificar as perdas de auga e poder deseñar un plan de actuacións para minimizar as perdas de auga. Trátase, polo tanto, dunha auditoría volumétrica do abastecemento municipal, para coñecer a auga captada, subministrada e rexistrada e calcular os indicadores máis importantes de eficiencia da rede: o volume de auga non rexistrada (ANR) e o rendemento técnico hidráulico (RTH)
O obxecto deste Plan de Acción é minimizar as perdas do volume de auga que se perde dende a extracción, no orixe do recurso ata o consumidor final, e dicir, mellorar o rendemento da rede de abastecemento, anticiparse ao risco de fugas e reducir todos os custes operacionais (mantemento, consumo eléctrico, administración, etc.)
Tras o estudo dos volumes de auga dispoñible, auga extraída en orixe, auga distribuída e por último auga consumida polo usuario final, establécense unhas medidas, tanto de carácter preventivo como correctivas, encamiñadas a reducir as perdas que se producen ao longo da rede.
Coa implementación das medidas descritas no Plan, agardase acadar un maior rendemento da rede de abastecemento, redución de custes de mantemento e alongar a vida útil do sistema.
En concreto agárdase ir reducindo as perdas do sistema conforme se vaian executando as medidas propostas ata acadar o valor obxectivo do 28 % de redución sobre o 48 % de perdas actuais, situándose o valor de perdas inferior ao 20 %., conforme establece a lei 9/2019.


