A Deputación da Coruña está a realizar traballos de mantemento en varias estradas da rede provincial, polo que durante o desenvolvemento destas actuacións poderanse producir cortes puntuais de tráfico e restricións á circulación.
En concreto, os traballos están a levarse a cabo nos seguintes puntos:
- DP-0301, á altura de Xora.
- DP-2702, á altura do miradoiro de Espenuca.
Recoméndase ás persoas usuarias destas vías extremar a precaución, respectar a sinalización provisional e seguir as indicacións do persoal encargado de regular o tráfico.
As interrupcións da circulación poderán producirse de maneira puntual, en función das necesidades dos traballos.
Desculpen as molestias que estas actuacións poidan ocasionar e grazas pola súa colaboración.