AXUDAS ECONÓMICAS RE-ACCIONA DO IGAPE

O mércores, 22 de decembro, abriu o prazo para solicitar as axudas do programa Re-acciona
A túa empresa ten unha nova oportunidade para solicitar as axudas económicas de Re-acciona, ofertadas polo IGAPE, Gain e Amtega para que poidas adaptarte ó novo contexto empresarial.
O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A dixitalización, a innovación, a profesionalización ou a estratexia, cal é a túa necesidade?
A convocatoria de Re-acciona pivota sobre:
-Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
-Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
-Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
-Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 28 de xaneiro de 2022.
Consulta as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.
A solicitude debe realizarse a través da oficina virtual do Igape.