AXUDAS Ó ESTUDO 2020-2021

O Concello de Coirós convoca as axudas anuais ó estudo para aquelas persoas empadronadas no Concello que cursen estudos de educación infantil, medios ou superiores. Poderán acollerse á modalidade de axudas para libros aquelas persoas nas que a “renda per capita” de cada membro non supere os 11.000€ anuais e con unha renda conxunta familiar de 30.000€.

Tamén existe a posibilidade de solicitar axudas ao transporte e están dirixidas a estudantes universitarios, ciclos medios ou superiores e escola oficial de idiomas na súa modalidade presencial. Deberán cumprir as mesmas condicións de renda familiar.

O prazo de solicitude será dende o 1 ó 31 de outubro (de 8 a 14 horas) no rexistro do Concello ou na sede electrónica.

Ligazón de descarga de solicitudes:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2020/10/SOLICITUDE-LIBROS.pdf

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2020/10/SOLICITUDE-TRANSPORTE.pdf