Normativa
Axudar ao pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social* e, deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Actuacións, gastos subvencionables e contía
Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade (calculado segundo o establecido no artigo 12 do Real decreto 897/2017), correspondentes á vivenda habitual do solicitante acollido á tarifa de último recurso (TUR) para consumidor vulnerable severo (bono social do 40 %), que estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses anteriores á data da solicitude e o 30 de novembro de 2021 por unha comercializadora de referencia (COR) que teña asinado un protocolo de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para evitar os cortes de subministración.
A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano, ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.
Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais estean en risco de exclusión social. Esta situacióndeberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes. InformeSocial_AUXS.pdf
- Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser o titular do contrato de subministración eléctrica. (Ás persoas en aluguer asístelles o dereito a solicitaren ser titulares das submnistracións da vivenda alugada)
- Ter contratado o prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.
- Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde o enlace https://axudascortes-subministracion.xunta.gal (neste caso, para acceder sen certificado electrónico, hai que darse primeiro de alta como novo usuario cubrindo os datos e posteriormente acceder co nome de usuario e contrasinal elexida)
Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada». O estado de «Reservada» significa que na aplicación se reservou a contía da axuda correspondente para esa solicitude, a expensas da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.
As solicitudes en estado de «Reservada» disporán dun prazo máximo de cinco días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, procederase á súa cancelación na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.
O/a interesado/a, ou o seu representante, poderá autorizar expresamente os empregados públicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou os/as traballadores/as sociais de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que se debe achegar con ela, así como para a presentación da demais documentación necesaria derivada deste procedemento.
Neste suposto, deberá acreditarse a representación expresa (anexo III) para a presentación da solicitude por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración en comparecencia persoal do/da interesado/a perante un/unha funcionario/a da Administración en cuxo rexistro se presente a solicitude
(Documentos a efectos informativos)
Solicitude (anexo II) ,acompañada dos documentos que se especifican:
Documentación complementaria
- De ser o caso, autorización aos empregados públicos correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo III). Neste caso, deberá presentarse tamén o anexo II asinado polo solicitante.
- Certificado ou Informe Social (AUXS) emitido polos servizos sociais de que o solicitante está en risco de exclusión social (anexo IV), salvo que sexa beneficiario da Risga e non se opoña á consulta.
- Documento acreditativo de ser beneficiario do bono social para consumidor vulnerable severo. Poderá acreditarse mediante copia dunha factura en que figure aplicado o desconto do 40 % do bono social para consumidores vulnerables severos.
- De ser o caso, título de familia numerosa (só no caso de que o dito título non fose expedido pola Xunta de Galicia).
Tanto a solicitude como a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente tamén se poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará o 31 de outubro de 2022
a. Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
b. Nos seguintes teléfonos:
A Coruña: 981 18 49 95, 981 18 49 48 e 981 18 49 34.
Santiago: 981957024 e 981545574.
Lugo: 982 29 49 38, 982 29 46 67 e 982 29 46 70.
Ourense: 988 38 67 10.
Pontevedra: 986 80 52 13 e 986 80 52 22.
Vigo: 986 81 75 61, 986 81 78 22 e 986 81 77 64.
c. No enderezo de correo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal