1.- Obxecto da convocatoria
Constitúe o obxecto destas bases a aprobación da convocatoria e regulación do proceso selectivo para a provisión mediante contratación laboral, de duración determinada, por obra ou servizo, durante tres meses e a xornada completa (40 horas semanais), de 1 praza de xefe de brigada, para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, para anualidade 2023 ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de COIRÓS para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais asinado o 25/05/2023 e cofinaciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
No suposto de que no vindeiro exercicio se amplie o prazo de vixencia do convenio anteriormente indicado, mediante resolución motivada poderá acordarse a prórroga deste proceso selectivo de contratación para a anualidade de 2023.
2.- Obxecto dos contratos
As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos citados postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais.
3. Requisitos das persoas aspirantes
1. Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:
a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional doutro Estado membro da U.E. ou daqueles Estados aos que se refire e nas que condicións que establece o artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder, como persoal laboral, en igualdade de condicións que as persoas españolas.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que se opta. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade para o desenvolvemento das funcións correspondentes á praza acreditaranse por certificación expedida pola Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia ou polo organismo ou departamento que sexa competente para iso. Os aspirantes con alguna discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas para que poidan concorrer en igualdade de condicións co resto dos aspirantes. Neste caso, aplicarase o establecido na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño (BOE do 13 de xuño de 2006), pola que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade ou norma que no futuro a substitúa. Para estes efectos, os tribunais poderán requirir informes ou a colaboración doutros órganos administrativos ou da Administración sanitaria.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, agás que por lei se estableza outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público de que se trate.
d) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
Para a praza de xefe de brigada é requisito imprescindible estar en posesión dalgunha das titulaciónsseguintes: enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural, técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural, técnico/a en emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente.
f) Posuir o carné de conducir tipo B.
2. Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan para cada unha das prazas, deberan reunirse con referencia ao derradeiro día de prazo de presentación das solicitudes ou instancias para tomar parte nos correspondentes procesos selectivos
4. Forma e prazo de presentación de instancias
1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de COIRÓS e que se presentará no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP). A presentación da solicitude de xeito telemático na sede electrónica deste concello realizarase a través do enlace da páxina web coiros.es) cos certificados dixitais admitidos na mesma.´
O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 16/06/2023 ata o día 22/06/2023 (ambos incluídos).
2. As persoas interesadas terán á súa disposición na páxina web e no Concello o modelo de solicitude.
A presentación da solicitude supón o coñecemento e aceptación expresa do contido destas bases.
A presentación da solicitude fora de prazo suporá a non admisión do aspirante ao proceso selectivo
3. A solicitude deberá ir acompañada por:
a) Orixinal ou copia do DNI ou documento correspondente ao país da UE
b) Orixinal ou copia do carné de conducir tipo B.
c) Orixinal ou copia da documentación acreditativa de posuir a titulación esixida.
d) Méritos que alegue que teñan relación coa función para que se contrata.
Os interesados se responsabilizarán da veracidade dos documentos que presenten e, cando a relevancia do documento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia o concello poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias aportadas polo interesado, para o que poderá requerir a exhibición do documento ou da información orixinal (artigo 28 LPACAP).
Asimesmo, o concello de COIRÓS, agás que o interesado manifeste a súa oposición, consultará e recabará de oficio aqueles documentos dos anteriormente citados que foran elaborados polo concello de COIRÓS, así como aqueloutros que xa foran aportados con anterioridade no rexistro xeral deste conello sempre que se indiquen en qué momento foron presentados.
5. Admisión das persoas aspirantes
Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ou órgano delegado dictará resolución declarando aprobada a listaxe de admitidos e excluídos.
6.- Tribunal seleccionador
O Tribunal seleccionador estará integrado polos seguintes membros:
– Presidente: Antonio Gómez-Iglesias Casal
– Secretario:Pablo Vara Fiaño.
– Vogal: Manuel Carro Santamariña .
7.- Procedemento selectivo.
O procedemento selectivo constará de dúas fases: unha de concurso e a outra de oposición.
– Fase de concurso: Esta fase é previa á de oposición e non terá carácter eliminatorio. Nela estimaranse os seguintes méritos:
. Por servizos prestados á Administración na categoría de xefe de brigada,formando parte da brigada ou o servizo de prevención e defensa contra incendios forestais:
– No Concello de COIRÓS:
. 5 puntos por mes ata un máximo de 40,00 puntos.
-Noutras administracións distintas do citado Concello:
. 3 puntos por mes ata un máximo de 40,00 puntos.
Na fase de concurso a puntuación máxima será de 40 puntos.
En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición.
– Fase de oposición: Consistirá na realización de tres probas.
As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en chamamento único mediante anuncio no Taboleiro de Anuncios do Concello e, potestativamente, na páxina web municipal, quedando decaídos no seu dereito os solicitantes que non compareceran a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados.
As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade.
1) Proba escrita:
O Tribunal convocará ás persoas candidatas, a un exame teórico, tipo test con tres respostas posibles, que terá por finalidade avaliar os coñecementos do posto,así como os coñecementos do territorio . Puntuarase ata un máximo de 60,00 puntos. A falta de presentación do aspirante á proba escrita significará a súa exclusión inmediata do proceso selectivo. Para pasar á seguínte proba os aspirantes, deberán acadar un mínimo de 30 puntos.
2) Proba Médica:
Terá un resultado de apto/non apto. Realizaranse os análises e controis establecidos. No caso de resultar non apto, suporá a exclusión inmediata do proceso.
3) Proba física de esforzo:
No caso de resultar non apto, suporá a exclusión inmediata do proceso.
No suposto de que non se presenten máis solicitudes que número de prazas convocadas, non será preciso a realización do proceso selectivo, sempre que os/as candidatos/as presentados reunan todos os requisitos esixidos na convocatoria.
8.- Relación de seleccionados
Unha vez terminada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.
Tamén poderá publicarse unha listaxe de persoas suplentes cos que se formará unha bolsa de traballo para cubrir posibles renuncias ou outras vacantes, ou para atender necesidades imprevistas.
No caso de que non se presentase ningún candidato ou con motivo das renuncias non se levaren a cabo as contratacións efectuarase unha nova convocatoria urxente.
9.- Documentación
As persoas aspirantes propostas para formalizar o contrato laboral, deberán presentar nun prazo máximo de dous días naturais dende a publicación da lista de candidatos seleccionados, os seguintes documentos:
a) Certificado de titularidade de conta bancaria.
b) Copia da Tarxeta Sanitaria ou número da Seguridade Social.
No caso de que dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior debidamente acreditados, non presentasen a documentación ou da mesma se deducise que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser contratados, quedando anuladas todas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.
10.- Contratación
Concluído o proceso selectivo e presentados os documentos a que se refire a base anterior, a Alcaldía, de acordo coa proposta do órgano de selección, procederá a acordar a contratación do persoal laboral temporal.
11.- Resolución de incidencias
O Tribunal de selección poderá resolver todas as dúbidas que se presenten no non previsto nestas bases e adoptar os acordos que resulten procedentes, os cales se publicarán no Taboleiro de Edictos do Concello e, no seu caso, na páxina web do Concello de COIRÓS (www.coiros.es)
Coirós, 15 de Xuño de 2023
O ALCALDE,
Asdo.- Francisco Quintela