BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE II”

O obradoiro dual de emprego “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE II” é un programa mixto de
emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Empleo y Seguridad
Social, e promovido polos Concellos de Abegondo e conveniado cos concellos de Bergondo, Betanzos,
Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.
As especialidades formativas a impartir, que contan con certificado de profesionalidade, son as seguintes:
-“Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” (AGAR0309)
-”Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” (AGAO0108)
Este obradoiro de emprego contará cun total de 20 alumnos/as-traballadores que realizarán as anteditas
especialidades (as dúas todo o alumnando-traballador)

DESCARGA DAS BASES:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2022/09/BASES-OE-RES-BIOSFERA-2022_asdo-2.pdf