BON APPETIT

Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos. Todos eles ingredientes para unha comedia total en clave de clown. Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo.” Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o condimento perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.