BONOS ACTIVA COMERCIO

O 4 de maio abriu o prazo para descargar os bonos comercio que a Xunta de Galicia lanza para impulsar o consumo a través dun sistema de descontos directos coa compra nos establecementos adheridos.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros correspóndelles un desconto de 10 euros.O período de validez dos bonos será de tres meses desde o seu lanzamento e en cada comercio poderanse cambiar ata un máximo de 5.000 euros en descontos.

Pincha na ligazón para mais información, para descargar os bonos e para consultar os establecementos onde podedes usalo.

BONOS ACTIVA COMERCIO