Un ano mais, o Concello de Coirós participa nos campamentos deportivos que promove a Deputación da Coruña.
Os campamentos están dirixidos a nenas e nenos de 9 a 14 anos (nados entre 2010 e 2015) e consisten nunha estancia de 5 días no IES Rosalía Mera de A Coruña realizando diferentes actividades deportivas, culturais e excursións.
O prazo de inscrición está aberto ata o 28 de maio e realizarase no Concello de empadroamento.
Mais información:
https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos
