CAMPAÑA AGRESIÓN OFF

A campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, desembarca o luns 21 de novembro no municipio de Coirós.

A caseta informativa situarase no edificio de usos múltilples.

A iniciativa ten por obxectivo achegar á poboación os recursos para avanzar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero para o que poñen á disposición da cidadanía diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas. Todos eles están deseñados para ser inclusivos e accesibles e abertos a todas as idades.