Un ano mais, a Xunta de Galicia programa a campaña de verán para que as mozas e mozos de entre os 9 e os 30 anos pasen un verán inesquecible e para que as familias conten cun recurso de conciliación fundamental durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro. Con este fin, a Xunta pon a disposición da xente nova un total de 36 instalacións xuvenís por toda a xeografía galega para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre dos campamentos.
Tamén a Xunta ten listo o programa de campos de voluntariado. En total ofreceranse 46 campos, sendo un deles “Monte da Espenuca” no Concello de Coirós.
A oferta podese consultar na páxina web de Xuventude. O período para solicitar praza abrirase o vindeiro 18 de abril, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Estas deberán realizarse por sede electrónica e o prazo permanecerá aberto durante dez días.
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2023/04/PROGRAMA_CAMPAMENTOS_2023_310323.pdf
