CAMPAÑA NEVE 2022

Un ano máis, a Deputación da Coruña lanza a campaña da neve para mozos e mozas dos Concellos de entre 12 e 15 anos. A estación na que se desenvolverá a actividade é a de Valgrande- Pajares en Asturias.

A quenda que lle corresponde ó Concello de Coirós é do 11 ao 14 de febreiro. Ao noso concello adxudicáronselle 4 prazas, e no caso de haber mais solicitudes que prazas, levarase a cabo un sorteo.

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación

PRAZO INSCRICIÓN: Dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021 na OMIX do Concello de Coirós

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

TRÍPTICO E FICHA DE INSCRICIÓN:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2021/12/Inverno_2022_-_triptico_A4__Formulario2-1.pdf