CAMPAÑA NEVE 2024

  • DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. A actividade inclué transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
  • O prazo de inscrición está aberto ata o 1 de decembro de 2023, e a solicitude deberá realizarse no rexistro do Concello ou no centro social.