CAMPO DE VOLUNTARIADO “MONTE DA ESPENUCA”

Dende o 17 ó 28 de agosto tivo lugar a 6ª edición do Campo de Voluntariado “Monte da Espenuca”, unha actividade enmarcada dentro da campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Nesta edición participaron mozas e mozos de Galicia e doutros puntos da península, e ademáis contamos con participación internacional, xa que houbo mozas de Francia, México e ata Xapón.

A modalidade do campo é medioambiental, polo que como en anos anteriores, se traballou fundamentalmente na eliminación de especies exóticas invasoras coa supervisión da Fundación de custodia do territorio “Fragas do Mandeo”.

A intervención principal foi no Rego das Bouzas, no que se eliminaron 834,5Kg da planta invasora denominada Tradescantia. Dende a primeira edición, no ano 2017 van eliminiadas 5 toneladas desta especie.