Un ano mais, o Concello de Coirós participará na oferta da Campaña de verán da Xunta de Galicia a través do VI Campo de Voluntariado internacional “Monte da Espenuca”, que se celebará no mes de agosto.
A temática é medioambiental e as actividades previstas para esta edición inclúen a limpeza de especies exóticas invasoras nas beiras do Mandeo na zona de Chelo, dando continuidade ás duas edicións anteriores. Ademais disto, tamén se realizará algunha actuación mais puntual na microreserva de anfibios do catorce e na zona do mirador de Espenuca.
Poden participar mozas e mozos de 18 a 30 anos, e as solicitudes as tramita a Direcci´ón Xeral de Xuventude
