O Concello de Coirós informa de que o operativo desplegado este domingo en A Ponte de Xora concluiu coa captura dos tres cans que nas últimas semanas xeraron preocupación entre a veciñanza polos seus continuos escapes.
O Concello recorda que xa fai meses denunciou ante a Fiscalía o problema xerado pola situación dos animais, que se atopaban sen ningún control por parte dos propietarios.
O dispositivo activouse tras o aviso veciñal á Guardia Civil e contou coa intervención dunha patrulla e do servizo de recollida de animais, que tras varias horas de traballo logrou capturar aos tres animais, que agora están baixo a protección dunha institución destinada a tal fin.
Dende o Concello, o alcalde, Francisco Quintela, quere trasladar o seu agradecemento á Guardia Civil pola su intervención e aos veciños e veciñas de A Ponte de Xora pola su colaboración.