O CIM de Coirós, a través do seu departamento de Igualdade organiza as seguintes actividades con motivo do Día Internacional da Muller durante o mes de marzo.
7 de marzo – Lugar: Centro social
Charla ás 10:00h “Unha alimentación saudable a partir dos 50” impartida por Diego Marcote Lago, técnico en nutrición en Pobesalud e xerente/adestrador de Betanfit, ximnasio que ofrece un adestramento personalizado. Ao finalizar ofrecerase ás persoas asistentes un almorzo saudable.
Destaca a gratuidade dos eventos.
É necesaria inscrición chamando ao 981 796 088
