A piques de rematar o curso, voltamos con forza para celebrar o fin de actividades culturais e deportivas 2021-2022.
A cita será o venres e sábado 27 e 28 de maio.
O vernes 27 celebraremos o fin de actividades culturais, no que contaremos coas actuacións dos grupos da escola de folclore e o coro municipais. Ademáis, por motivos de non poder asistir o sábado, tamén contaremos coa actuación infantil de baile moderno.
A cita nesta ocasión será ó aire libre, no campo da festa de Coirós ás 19.30horas.
O sábado 28 celebraremos o fin de actividades deportivas no polideportivo municipal a partir das 17.30.
Comezaremos cun partido no que se enfrentarán os nenos da escola municipal contra nais e pais. A continuación as exhibicións das actividades de badminton, bailoterapia, taekwondo, zumba, baile de salón, ximnasia de mantemento e patinaxe.
Con respecto ás demais actividades culturais, teremos no centro social unha exposición aberta dende o xoves 26 de maio ó 2 de xuño, na que se recollerá unha mostra dos traballos realizados en manualidades, pintura, bordado, bolillos e restauración e tapicería.



