O CIM de Coirós está a promover unha actividade de reivindicación de loita contra a violencia contra as mulleres con motivo da conmemoración do 25 de novembro.
É por iso que solicitamos a participación de veciños e veciñas enviando unha imaxe persoal con un verso que cada persoa escolla a modo de reivindicación.
O prazo de entrega será ata o domingo 8 de novembro, e a dirección de entrega da fotografía será: axenteigualdade@coiros.es
Mais información no CIM ou no 981796088 de luns a venres de 16 a 20.30h
