Despois de varias reunións coa veciñanza de Coirós, abrimos a convocatoria para a constitución da asociación “Coirós Enerxía”, unha iniciativa que lidera o Concello de Coirós para facer máis económica e sostible a enerxía.
Data: 29 de abril.
Hora: 20:00.
Lugar: Centro Social.
Vente e descobre como “Coirós Enerxía” pode reducir a túa factura de luz e coidar do noso planeta. Xuntos, construímos un futuro brillante e limpo para Coirós.
