COMENOITES

Sábado 27 de novembro ás 18h no centro social

Espectáculo gratuíto en colaboración coa Deputación da Coruña a través da Rede Cultural.

Para nenas e nenos a partir de 2 anos (2 e 3 anos acompañados por un adulto).

Inscricións na OMIX 

Comenoites baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite.Comenoites é un trasgo barrigudo ao que lle encanta comer a noite para que o Sol poida raiar día tras día, traendo luz, calor e cor para todos.Pero un día a Lúa dille que está moi gordo e Comenoites decide deixar de comer. ¿Cal é o problema? Pois que, se Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na Terra e o Sol non volverá raiar nunca.¿Volverá comer Comenoites algún día? ¿Volverá raiar, daquela, o Sol?