Comeza o campo de Voluntariado “Monte da Espenuca”

O martes deu comenzo a quinta edición do campo de voluntariado “Monte da Espenuca”, que reúne durante 10 días a mozas e mozos de diferentes puntos da península. As voluntarias veñen a Coirós a realizar labores medioambientais, concretamente a eliminación de especies exóticas invasoras nas marxes do Mandeo.

O grupo estará albergado nas instalacións deportivas muncipais ata o 28 de agosto e ademáis dos traballos medioambientais realizarán actividades de ocio e de coñecemento do zona.