O Concello de Coirós convoca un concurso de debuxo infantil co obxectivo de crear un alumeado navideño deseñado por nenas e nenos do concello e así ser partícipes da decoración de Nadal. O debuxo convertirase nun adorno de luces que se instalará en diversos edificios públicos.
A idea foi recollida pola Asociación Newburg Action Gruop, que comezou coa iniciativa hai 20 anos na localidade de Newburgh, en Escocia, e que anima a seguila en mais localidades de todo o mundo.
Participantes:
Poderán participar nenas e nenos de primeiro e segundo ciclo de infantil e de primaria (ata 12 anos), tanto de xeito individual como grupal.
Caracteristicas dos debuxos:
A temática será o Nadal, valorando o tradicional.
Deberán ser orixinais e non premiados noutros concursos.
O debuxo deberá ser dunha soa peza e coa silueta ben marcada para poder convertir a adorno de luces.
Poderá ser dunha ou varias cores.
Presentación:
Poderá presentarse a trav´és de varias vías:
- Presencial na OMIX do Concello
- A través de correo electrónico (omix@coiros.es)
Deberá traer ben identificado o nome da persoa/s que elaboraron o deseño, con idade e número de teléfono.
Prazo de presentación:
Ata o 10 de novembro ás 14horas.
Mais información na OMIX, no 981796088 ou 628801576 (watssap)
Alguns dos deseños premiados pola asociación que comezou a iniciativa son as seguintes:


