CURSO COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS

Con esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.

Obxectivo xeral:

Adquirir as competencias dixitais básicas que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais” de acordo con Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Duración: 40 horas

Ao culminar o curso lévate unha Tableta de Agasallo (Tableta Android 11, Pantalla de 10″, 4 GB DDR3 RAM y 64 GB de Memoria interna).

Requisitos:

  • Ser muller
  • Estar inscrita como demandante de emprego, ou como mellora de emprego

O curso será presencial ( 4 horas día)

Interesados poñerse en contacto coa técnica de emprego do Concello