CURSO OFICIAL DE MONITORA DE TEMPO LIBRE

Curso oficial de monitora de tempo libre en Coirós, acción formativa do Programa “Mulleres Tecendo Redes” subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. É un curso oficial, cuxo título está expedido pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, de 350 horas de duración, distribuídas en dúas fases:

• Primeira fase (fase teórico-práctica), de 200 horas de duración, que se distribuirán en 115 horas presenciais e as outras 85 en modalidade de teleformación . A formación presencial impartirase do 19 ao 28 de xuño e do 10 ao 14 de xullo, en horario de Luns a Venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e disporá dun servizo gratuito de ludoteca para aquelas mulleres que teñan fillas e fillos menores ao seu cargo, durante todo o tempo que dure a formación presencial co obxecto de conciliar a súa vida familiar.

• Segunda fase (fase de prácticas) de 150 horas de duración. Elixirase entre calquera das actividades de lecer educativo do Concello de Coirós ou da Escola de Tempo Libre TEMPUS.Este curso capacita para traballar en calquera campamento, ludoteca, actividades extraescolares, dinamización comunitaria, asociacións, ou calquera actividade de lecer educativo promovida por entidades tanto públicas como privadas en calquera parte do territorio nacional.

PERFIL DAS ALUMNAS: Este Curso está dirixido a mulleres desempregadas menores de 30 anos e maiores de 45, veciñas do Concello de Coirós (con prioridade por ser organismo colaborador), Irixoa, Oza-Cesuras, Paderne, Bergondo e Betanzos.

Ficha de inscrición:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2023/06/ficha-MATL-2023-Coirós.pdf