Dende o Proxecto Coruña Suma (cofinanciado polo FSE) promovido polo concello de A Coruña estánse a programar 2 cursos de Socorrismo en Espazos Naturais: un en horario de mañá, 9:00-14:00, e outro en horario de tarde, 15:30-20:30
Aberto á participación de persoas desempregadas da provincia da Coruña inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia
Formación gratuíta con prácticas en empresas
Posibilidade de recibir beca de asistencia
Poden solicitar información chamando ao Centro Municipal de Emprego (981.184.399) ou mandando mail ao coruna.suma@coruna.gal indicando que lle interesa socorrismo.