O Concello de Coirós pon en marcha os cursos de natación, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. A actividade terá lugar na piscina municipal e estará dirixidas por persoal cualificado.
O obxectivo destes cursos é fomentar o deporte, a seguridade na auga e o ocio saudable entre a veciñanza. As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse no centro de servizos sociais ou a través da sede electrónica.
Animádevos a participar!

Formulario de inscrición:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2025/06/INSCRICIÓN-25-NATACIÓN.pdf