PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XUVENIL

O Concello de Coirós promove un ano mais o programa de voluntariado xuvenil para o verán 2026.

Unha acción a desenvolver no Concello de Coirós será convocatoria de oito prazas destinadas á incorporación de mozos e mozas de entre 16 e 30 anos nun programa de voluntariado xuvenil, orientado a fomentar a súa participación activa e o seu compromiso social.
As persoas voluntarias participarán durante os meses de xullo, agosto e ata o 4 de setembro no programa “Concilia Coirós 2026” como apoio ó monitorado e en ningún caso asumirán funcións de monitorado, senón que serán unha figura de apoio ás persoas contratadas como profesionais
especializados.

No marco desta iniciativa, o Concello contemplará unha compensación económica de 6 euros diarios por persoa, en concepto de dietas de desprazamento e pola realización de 6 horas ó día.

As persoas interesadas deberán dirixirse á OMIX