CONTRATACIÓN PROMOCIÓN TURÍSTICA

Pola presente convócase o proceso de contratación de unha persoa para o seguínte posto de traballo “Promoción turística local e información o visitante”, durante un período de 3 meses a tempo parcial.

Este posto irá destinado principalmente á integración laboral de persoas que

teñan algún grao de discapacidade:

Polo que as persoas que presenten solicitudes deberán cumprir os seguíntes requisitos:

.- Ter recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.

.- Estar en posesión do título da E.S.O

Os interesados/as deberán presentar instancia nas oficinas na Casa do Concello, dende o día 06/07/2020 ata o 08/07/2020 (ambos inclusive), en horario de 9:00 hrs a 14:00hrs .

Coa instancia deberán presentar

Documento nacional de identidade

Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego

Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.

Coirós, 3 de Xullo de 2020

O Alcalde

Asdo.) Francisco Quintela Requeijo.