Pola presente convócase o proceso de contratación de dúas persoas para o seguínte posto de traballo “Auxiliares cuidadores/as para plan Concilia 2020”, durante un período de 2 meses a tempo parcial.
As persoas que presenten as solicitudes deben cumprir os seguíntes requisitos:
.- Estar en posesión do título de Bachiller ou equivalente.
Os interesados/as deberán presentar instancia nas oficinas na Casa do Concello, dende o día 06/07/2020 ata o 08/07/2020 (ambos inclusive), en horario de 9:00 hrs a 14:00hrs .
Coa instancia deberán presentar:
Documento nacional de identidade
Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.
Coirós, 3 de Xullo de 2020
O Alcalde