ENTROIDO 2023

O pr´óximo martes 21 de febreiro celebraremos no polideportivo municipal a Festa do Entroido dirixida a toda a familia.

Haberá festa infantil con inchables, obradoiro de maquillaxe, concurso de disfraces en categoría individual e grupos con agasallo a todas as participantes. De merenda chocolate con churros gratis.

Tamén contaremos cun grupo de música para as persoas adultas, con concurso de disfraces individual ou en grupo e con premios en metálico. Ademáis, concurso de postres tradicionais do Entroido con premios en metálico.