ESCOLA DE NAIS E PAIS 2020-2021

GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE ” (ESCOLA DE NAIS E PAIS) 2020-2021

PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO”

Un curso mais, comeza a andar a escola de nais e pais a través da agrupación de Concellos de Betanzos (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Coirós e Oza- Cesuras).

ACTIVIDADE gratuÍta

Periodicidade: unha xuntanza mensual de novembro de 2020 a xuño de 2021.

Comezo: martes 24 de novembro de 2020. Horario: de 8:00 h a 9:00 h. da tarde.

LUGAR: Edificio de Servizos Sociais do Concello de Betanzos ou opción en liña

IMPORTANTE:Nesta edición e debido á situación derivada da Covid-19 poderá elixir dúas posibles opcións.

Grupos reducidos presenciais Video sesions en liña

Nas distintas reunións, co psicólogo da unidade, trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar aos nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social coma son: normas e límites na familia, uso de internet e móbil, escola e familia, problemas de conduta e hábitos de vida saudables entre outros.

Se está interesado/a en formar parte do: “Grupo de Nais e Pais

pola Saúde”, pregámoslle nolo faga saber cubrindo a ficha de inscrición.

INSCRICIÓNS ATA O 23 DE NOVEMBRO DE 2020

Formulario de inscrición en liña:

https://forms.gle/zmAXnE17jFHx91Gv8