ESPECTÁCULO TEATRAL: NANAI DA CHINA

Volve o teatro!!

Nanai da China, de Pérez&Fernández, o próximo sábado 18 de novembro, un espectáculo para toda a familia, recomendada a partir de 5 anos.

Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron.Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.De balde e aberto sen inscrición

Espectáculo subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña