EXCURSIÓN Ó PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

O próximo 23 de agosto temos programada unha excursión para pasar o día no parque acuático de Cerceda.

A actividade vai dirixida a nenas e nenos, tendo os/as menores de 8 anos acompañados/as dunha persoa adulta.

O prezo para persoas empadroadas é de 7€ e para os que non o están de 10€. As prazas son limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas.

A saída será ás 11 dende o centro social e a chegada ás 19 horas. O prazo de inscrición será ata o 19 de agosto.

Información e inscricións no Centro social (981796088)

Ficha de inscrición:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2022/08/Hoja-de-inscrición-aquapark-de-cerceda.pdf