Feliz aninovo!

O Alcalde de Coirós, Francisco Quintela, quere enviar unha mensaxe de ánimo e esperanza para o próximo ano 2021. O desexo de ano novo é que sexa un ano de moita saúde e que os problemas económicos asociados ó covid se vaian resolvendo.

Recordar que aqueles nenos e nenas que teñan a seus pais e nais en situación de desemprego ou Erte, poden escribir a súa carta de Reis ó Concello que nos encargaremos de que non queden sen o seu agasallo.

Por último, por unha cuestión de responsabilidade, este ano non teremos cabalgata de Reis, pero os nenos e as nenas de Coirós recibiron unha mensaxe moi especial dos Reis Magos.

Agardando que o 2021 sexa o mellor para todos e todas.